Paga a pena parar-se e ver todo o documentario. Nun principio un trailer de pouco máis de 2 minutos abre o asunto. Logo 1 hora e 25 minutos dun documentario centrado no gran negocio da privatización e mercantilización da auga [un ben público e universal] como producto, e da infraestrutura da auga que prioriza beneficios sobre a dispoñibilidade da mesma, limpa para as persoas e o medio ambiente. Entre as grandes empresas representadas neste traballo atopan-se Nestlé, Coca-Cola Company, Suez, mais o Fondo Monetario Internacional[FMI] e o Banco Mundial [BM] ... O Documentario está na rede completo e en boa resolución, mais agora presentamos este repartido en 10 partes nunha lista de reprodución no Canle Alternativo Sudeste771.

Voltar ao sitio principal